TIC e Educación Infantil

 

As TIC son sistemas  e recursos para a elaboración, almacenamento e difusión dixitalizada de información, baseados na utilización de tecnoloxía informática. Están presentes en toda a sociedade influíndo en moitos ámbitos. Estes recursos cambian moi rápido, polo que xorden innovacións moi a menudo. Estas innovacións non se producen igual en tódolos ámbitos, xa que hai que ter en conta que a nivel mundial aínda existen múltiples desigualdades económicas, sociais, etc., que impiden que as novas tecnoloxías sexan ó pé da letra un elemento globalizador  aínda que aparentemente ofrezan idénticas oportunidades . Por exemplo, na educación infantil estes recursos chegan con retraso con respecto a outras áreas de estudo.

Dixitalización: as novas tecnoloxías traballan con información que foi convertida en bits. Todo tipo de dato se transforma en 1 e 0 (1 significa que pasa corrente eléctrica e 0 que non pasa). A representación de información lógrase mediante a agrupación de bits para ter un conxunto de valores maior que permite manexar maior información.   Estructura ramificada: as novas tecnoloxías permiten presentar a información de forma  ramificada e non só lineal mediante vínculos e enlaces  Interactividade: permite que o usuario se comunique co ordenador tomando decisións sobre a forma de acceder, manipular, transmitir, xerar información. A interactividade pode ser pechada ou aberta.  Alto grado de iconicidade: As Tic presentan a información de forma moi similar ao que vemos na realidade, Rapidez de implantación: a información sucédese a gran velocidade. Flexibilidade e versatilidade: Son adaptables a moitos usos e aplicacións. Ubicuidade: As novas tecnoloxías están cada vez mais presentes en tódolos ámbitos das nosas  vidas. Sen embargo no están presentes en tódolos países. Globalizadoras: permiten establecer relacións e conexións entre usuarios distantes. Polo contrario favorecen o control dos máis poderosos. Non neutrais: as novas tecnoloxías e a información responden os intereses dos creadores, non é neutral.  

Ante as TIC surxiron catro posturas: a primeira denominada discurso mercantilista desde esta afirmase que a sociedade da información é un enorme mercado con un tremendo potencial para o crecemento económico apoiado no uso das tecnoloxías dixitales; unha segunda postura e o discurso crítico político que defende que as tecnoloxías non deben estar controladas polas grandes industrias senón ao servicios do ciudadano; a terceira é o discurso tecnocentrista que confirma que as tecnoloxías son a causa da nova revolución, por último o discurso apocalíptico onde se apoia que as tecnoloxías representan o fin da modernidade e do modelo ilustrado da sociedade.

As novas tecnoloxías tiveron consecuencias tanto negativas como positivas. A parte positiva é que facilitan a comunicación entre persoas de distintos países e a distintas velocidades, que temos aceso a unha gran cantidade de información e que se mellora a calidade e a eficacia desta información, que nacen novos postos de traballo e que se supera a visión localista das culturas.

A parte negativa é que desfavorece a democracia e o equilibrio económico; outros aspectos negativos son a perda da privacidade , o uniformismo cultural,o favorecemento do destrozo medioambiental e, tamén, a perda das señas de identidade.

 Moitos destes aspectos negativos prodúcense por non saber utilizar a tecnoloxía e  por ter demasiada información e moi pouco tempo para adaptarnos e eso fai que, por exemplo a escola non dispoña dos medios tecnolóxicos necesarios e deberían de existir cursos obrigatorios para a formación do profesorado nas TIC.

O aspecto negativo máis destacable é que non todo o mundo pode acceder a esa información xa que está relegada a xente con capacidade económica.

Por outra banda, a educación está creando novos obxectivos para incorporar as TIC na escola (a escola ten que adaptarse as exixencias propostas polas TIC ). Os mestres e as mestras e  os alumnos teñen que adquirir coñecementos acerca das novas tecnoloxías: que a dominen, que obteñan valores e actitudes sobre as TIC e que as empreguen na súa vida diaria. Os docentes teñen que facer todo o posible para que se leve a cabo este proceso de aprendizaxe.

Como cita  Manuel Area, no seu documento Os medios e as tecnoloxías na educación: “a educación é e seguirá sendo, fundamentalmente, unha actividade de interacción humana intencional e, en consecuencia, é política, regulada por valores, ideas e sentimentos aunque agora podamos mediar dita interacción cun sinfín de artefactos tecnolóxicos”.

As Tic non só están presentes no ámbito escolar senón que tamén o están en todos os ámbitos da sociedade actual, por isto esta sociedade é denominada a sociedade da información.

 

A sociedade actual defínese como sociedade da informació, xa que a xeneración, procesamento, manipulación e transición de información é hoxe a principal fonte de productividade e poder. Está formada polas tecnoloxías dixitales de información e comunicación como os ordenadores, equipos multimedia de CD-ROM, Internet, televisión dixital,…

            Ao longo da historia, na sociedades occidentais pasouse dunha sociedade artesanal e agrícola a unha sociedade industrial, na que a producción a grande escala nas fábricas era a actividade máis importante. A esta séguelle unha sociedade postindustrial na que o sector de servizos ocupa case toda a totalidade da actividade productiva, e que deriva na actual sociedade da información, cuxa revolución comenzou nos anos setenta.

            O periodo histórico actual presenta diversos procesos sociolóxicos, económicos, políticos e culturais; o máis destacado é o que chamamos globalización. Esta non é consecuencia da aparición das TIC, senón que é un proceso iniciado en séculos anteriores, aínda si é certo que as TIC funcionan como motores aceleradores deste proceso e constituen a realidade do noso mundo actual.

            As TIC teñen aspectos positivos, xa que implican un progreso científico e tecnolóxico. Entre as súas principais características podemos dicir que permiten e facilitan unha maior comunicación entre as persoas rompendo as barreiras espacio-temporais (instantaneidade), permiten o acceso de forma permanente a grande cantidade de información (abundancia), posibilitan novas formas de actividade productiva, propician a superación dunha visión estreita e localista da realidade xa que favorece o contacto entre as diferentes culturas e melloran a eficacia e calidade dos servicios, xa que cada vez podemos obter información e realizar accións dunha maneira máis rápida. Sen embargo, as TICS non resolven os problemas do mundo, seguirá habendo desigualdades que é o que se denomina como “brecha digital”. Estas características céntranse en tres ámbitos:

·          No económico, aumentan as actividades realacionadas co procesamento da información. A economía é máis globalizada, crecen as empresas multinacionais e convirte as TIC nos motores do desenvolvemento e o progreso na actualidade.

·          No político, a nova democracia sometese ás leis do espectáculo (información en directo), cun pensamento único que elimina todo tipo de crítica.

·          No cultural, a imaxe domina sobre o tradicional (oral e escrito), tamén nace a cibercultura como forma de relación e comunicación nun ciberespacio, onde hoxe constrúese a cultura.

            Sen embargo, tamén ten outros aspectos negativos xa que non implica unha mellora do benestar dos individuos e colabora ao deterioro medioambiental, obstaculizan o progreso cara un modelo social máis democrático e equilibrado, acércanos cada vez máis cara un uniformismo cultural, provrocando unha perda da privacidade e un incremento do control social así como unha alta dependencia cara ellas. Outras posíbeis consecuencias son os perigos da enerxía nuclear, a grande cantidade de automóbiles e os riscos das  modificacións xenéticas dos alimentos e dos seres vivos.

            Sobre o papel das novas tecnoloxías existen diferentes posicións:

·          Discurso mercantilista: A sociedade da información é un grande mercado dirixido ao crecemento económico e apoiado no uso de tecnoloxías dixitais.

·          Discurso crítico-político: As tecnoloxías dixitais deben estar ao servizo do desenvolvemento social e humano.

·          Discurso tecnocentrista: Cren que as tecnoloxías dixitais son o eixo dun novo cambio social e cultural para a sociedade máis avanzada.

·          Discurso apocalíptico: Cren que as novas tecnoloxías provocan a supeditación da cultura aos intereses da tecnoloxía.

            Con respecto á educación, as TICS son importantes. Pero, para incorporalas débense modificar as súas concepcións e a práctica: valorarán que os alumnos e as alumnas usen adecuadamente os recursos dos que dispoñen, o docente debe ser un mero mediador e a ensinanza a distancia, mediante ordenadores, debe ser tan eficaz como a educación presencial. Polo que a  educación formal e non formal debe ter presentes as TICS para que todas as persoas poidan acceder a ellas.

            Tamén as TICS  teñen os seus problemas como son: a rapidez dos cambios, a saturación da información, as dificultades para entender as formas hipertextuais, as novas formas de aprender, as novas exixencias formativas e o analfabetismo tecnolóxico que pode chegar á exclusión dos individuos de moitos sectores da sociedade. Por isto surde a necesidade de educar a todos os cidadáns e non só a infancia, unha preocupación que se ven producindo desde hai xa algúns anos non só no contexto español senón tamén no contexto internacional.

            Entre estes problemas tamén se deriva un problema máis xeral, que estas tecnoloxías non poidan chegar a todo o mundo, é o que chamamos globalización. Aínda que as novas tecnoloxías non son a causa principal de aparición deste proceso, si actúa como motor acelerador do mesmo.

    A globalización é un término moderno usado para describir os cambios nas sociedades e na economía mundial que resultan nun incremento substancial do comercio cultural, polo tanto considérase o proceso polo cal a crecente comunicación e interdependencia entre os distintos países do mundo unifica mercados, sociedades e culturas, a través dunha serie de transformacións sociais, económicas e políticas que lles dan un carácter global. É un término nestes momentos, polémico pola súa forte carga ideolóxica e política, xa que está vencellado cunha determinada perspectiva ou visión: a regulada polos poderes económicos e os gubernamentais dos países ricos apoiada na liberación do mercado no ámbito mundial.

A orixe da globalización ou mundialización é un proceso iniciado en séculos anteriores que veu xestándose moito antes da aparición das tecnoloxías da información e comunicación, por iso as tecnoloxías non son fenómenos de globalización, senón que actúan como motores aceleradores deste proceso. Este fenómeno prodúcese a partir da confluencia dunha complexa serie de procesos sociais, políticos, económicos e culturais. Os principales impulsos á globalización asócianse a: a conquista, colonización e integración no mercado mundial de América, a xeneralización da Revolución Industrial e a expansión colonial do século XIX, ao desenvolvemento e xeneralización dos aspectos culturais que foron favorecidos polos medios de comunicación, o comercio de materias primas procedentes de Asia, América do Sur ou África e o proceso de mundialización política do século XX coa creación da Sociedade de Nacións.

Segundo Cerdas, as características xerais da globalización son as seguintes:

1) O seu carácter de planetaria. Isto significa que os fenómenos que teñen lugar nun sitio do planeta  proxéctan ao resto da orbe.2) A súa condición de universal. Trátase dun fenómeno que abarca todas as esferas do quefacer humano.

3) A súa condición de asimétrica. A globalización non ten a mesma significación segundo sexa o que sucede e o lugar onde está ocorrendo.

4) A globalización preséntase como desigual, é dicir, que o seu poder e a súa influencia así como os seus mecanismos,  distribúense desigualmente, en atención ao nivel de desenvolvemento económico e o poderío militar e cultural de cada participante no proceso.

5) A globalización, tanto na súa orixe como nas súas manifestacións, resulta ser impredecíbel, é dicir,  ignóranse o alcance e os significados dos seus efectos e das súas consecuencias.

Hai diferentes puntos de vista en relación ao concepto de globalización dos cales podemos destacar: Mercantilista: a sociedade da información é un novo mercado cun tremendo potencial para o crecemento económico apoiado no uso das tecnoloxías dixitais; Crítico-político: as tecnoloxías dixitais deben estar ao servizo do desenvolvemento social e humano, e non controladas polos intereses das grandes corporacións industriais do mundo capitalista; Tecnocentrista: mitifícase a tecnoloxía dixital como a panacea dunha sociedade máis eficaz e chea de vitalidade para os seus cidadáns e Apocalíptico: as tecnoloxías da información e comunicación representan o fin dos ideais e valores da modernidade e do modelo humanista da cultura.

Con estos puntos de vista, vemos que a globalización, ten uns beneficios como: permitir e facilitar unha maior comunicación entre as persoas que rompe barreiras espazo-temporais, permiten o aceso permanente á grande cantidade de información, melloran a eficacia e a calidade dos servizos, etc., e os seus inconvintes porque isto non se reflexa na realidade mesma, xa que aínda que se usa o término “novas”como un término relacionado á existencia de avances cada vez máis rápidos que din chegar a todos os rincóns da sociedade, en moitos casos ese avance non chega ou non se introduce o cambio. É dicir, todas as innovacións que aparecen no mercado non sempre son trasladadas a todos os ámbitos sociais, xa que poden chegar a uns máis rápido que a outros. Un exemplo disto ocorre no ámbito da educación, porque o que se considera novo na escola, xa se considera moitas veces obsoleto no mercado. Como conclusión vemos que o avance tecnolóxico non sucede de forma lineal en todos os ámbitos, senon que se extende de forma gradual, dando prioridade  máis a unhas áreas concretas da sociedade (mercado) que a outras (escola).

Polo tanto vemos que algúns dos efectos da globalización son de carácter positivo e outros de carácter negativo, segundo o punto de vista de quen o xulgue. Para os defensores da globalización todo son aspectos positivos:

-Aumento da competencia.

- Redución de prezos.

- Chegada de capitais aos países subdesenvolvidos.

- Evita a emigración forzosa e favorece o crecemento económico.

Para os detractores da globalización, os aspectos negativos son:- Modifica as relacións sociais a favor dos máis poderosos e do capital.- Incrementa a privatización de bens e servizos.- Produce un impacto ecolóxico de grande alcance.- O auxe dos movementos financieiros e a desaparición das fronteiras para o capital, fai que o sistema mundial sexa moi fráxil.- Por último, os desaxustes sociais  incrementáronse. 

Por outro lado, as novas tecnoloxías caracterízanse por incluir catro aspectos: os recursos multimedia, Internet, a realidade virtual e a intelixencia artificial. Aínda que, estes recursos definan as novas tecnoloxías como un axente globalizador, non quere dicir que estes estean ao alcance en todas as sociedades. Un exemplo claro sobre isto  vémolo no vídeo, onde se ven realidades diferentes: persoas que teñen acceso a comunicarse e outras que non teñen eses mesmos recursos. Polo tanto, vemos que non son tan globalizadoras como se cre. Non é certo que estean en todas as partes (ubicuidade).

Como conclusión, vemos que as  novas tecnoloxías non favorecen á existencia do que moitos chaman “aldea global”, o que quere dicir que non favorece a comunicación e o entendemento entre as distintas persoas e culturas, creando esa aldea global democrática. Pero, en cambio, o que si favorece é o dominio duns poucos creando unha aldea global totalitaria controlada polos máis poderosos.

A globalización está asociada á imposición do chamado neoliberalismo económico.

O neoliberalismo ou institucionalismo neoliberal  é unha teoría política que pretende reducir ao mínimo a intervención do Estado.

O neoliberalismo como corrente política xurde despois da Segunda Guerra Mundial pero a súa postura non alcanzará grande popularidade ata os anos 70. O neoliberalismo aparece como consecuencia da oposición ás políticas económicas dos estados mundiais.

As principais cartacterísticas do Neoliberalismo son seis: A desregulación (elimina parte dos controles oficiais a favor da producción privada de bens e servizos).Desincorporación de entidades públicas.      Venta de bens de inversión a particulares.Concesión a iniciativa privada de servizos (comunicación e transporte principalmente).Eliminación de subsidios.Adelgazamento do aparato burocrático. Crecemento do Exercito Industrial de Reserva. O neoliberal ama a liberdade individual e busca que o Estado a fomente e garante.A explotación, a pobreza, o desemprego, a marxinación, etc., son para o neoliberalismo, episodios necesarios para conseguir unha maior riqueza, maior benestar,etc. para a humanidade en xeral. A humanidade considerase mellorada só con que algúns dos seus membros consigan niveis de riqueza nunca antes conseguidos.           

No Neoliberalismo podemos atopar opinións a favor e opinións en contra. Entre outras, algunhas opinións a favor son as seguintes: Liberdade económica, por non existir a intervención do goberno na economía. O Estado, ao non intervir na economía, reduce o gasto público. Maior productividade, ao ser o sector privado o que se encarga da xeración de riqueza.En contra aparecen, entre outras, as seguintes opinións: Non existe protección laboral. Os salarios son peores. Pode aumentar o desemprego. Pode xerar maior desigualdade social ao deixar toda a economía en mans do sector privado, que busca o aumento de beneficios.

O neoliberalismo e a fenda dixital pódense relacionar polo tema económico posto que o neoliberalismo é unha corrente político-economica e a fenda dixital está moi favorecida nos países que teñen unha economía moi desenvolvida para as novas tecnoloxías.

A fenda dixital é unha expresión que se basa nas diferenzas socioeconómicas que existen entre unhas persoas e outras en relación a que unhas teñen acceso ás novas tecnoloxías e outras non, debido a que carecen delas ou ben porque non saben utilizalas. Cando falamos de novas tecnoloxías referímonos tanto a Internet como todo o referido as novas tecnoloxías da información e da comunicación (teléfonos móbiles, cámaras dixitais…).

            Según Jan van Dijk existen catro dimensións no referente ao acceso ás novas tecnoloxías:

-         a motivación para acceder

-         o acceso material

-         as competencias para o acceso

-         o acceso para usos avanzados

            Ademais plantexa que a fenda dixital está en constante evolución dado o xurdimento dos novos usos tecnolóxicos que son apropiados máis rapidamente  por aqueles que teñen o acceso de forma máis permanente e de mellor calidade. O uso das novas tecnoloxías esta provocando un aumento nas distancias culturais e sociais xa que só están ao alcance daquelas persoas que teñan uns mínimos recursos económicos e que ao mesmo tempo teñan capacidade para usalas. Isto non só ocorre no terceiro mundo senón que tamén está presente no interior dos países occidentais.  As novas tecnoloxías son globalizadoras xa que grazas a elas se producen relacións entre xente que está moi distante. Con isto xorde o debate se realmente favorecen a comunicación ou se   só favorece a un grupo determinado.  A economía de mercado dirixe as novas tecnoloxías cara aos consumidores que van ser os que pertencen aos grupos socias máis favorecidos quedando excluídos aqueles grupos sociais que non teñan estas posibilidades para consumir. Ademais existe unha fenda xeneracional na que os xovenes están acostumados a utilizar as novas tecnoloxías diariamente mentres unha grande porcentaxe da poboación adulta non posúen estas habilidades polo tanto non fan uso delas.  A difusión social das novas tecnoloxías esixe un proceso de readaptación e reaxuste das persoas para que poidan interaccionar con elas. Esta readaptación require adquirir certas competencias, as persoas que non as adquiran serán analfabetos tecnolóxicos, que se refire á escasa habilidade para manexar as ferramentas tecnolóxicas  polo que é importante formar a estas persoas para que adquiran as competencias instrumentais, cognitivas e actitudinais derivadas do uso das tecnoloxías dixitais. Ademais as innovacións do mercado non se trasladan sempre a todos os ámbitos sociais, chegando a uns máis rápido que outros.  Según un estudo actualizado no 2005, dos 985 millóns de internautas conectados, case o 70% vive nos países industrializados, onde reside o 15% da poboación mundial. Mentres que Europa e Estados Unidos suman 500 millóns de usuarios, en todo o continente africano non hai máis que catro, e estas diferenzas maniféstanse asimesmo entre homes e mulleres, cidade ou campo, idades, estatus sociais, paralelamente ás “fendas” de sempre: o acceso á sanidade, á educación, á mortalidade infantil, á fame, á pobreza.  Debemos integrar as NNTT no sistema e cultura escolares, e redefinir os contidos do currículo; reestructurar os fins e métodos de ensinanza, o alumno debe converterse no protagonista das accions formativas (aprender a aprender, saber enfrontarse á información, cualificarse laboralmente para o uso das NNTT e tomar conciencia das implicacións da tecnoloxía na sociedade).  A incorporación das NNTT nas aulas levarase a cabo dunha maneira lenta e progresiva, xa que, ao ser algo “novo”, é necesario que os docentes reciban certa formación ao respecto. Esta formación consistirá tanto en ensinarlles cómo utilizar ese novo material, como en facerlles comprender a importancia e a gran utilidade do mesmo. En resumo, formar e concienciar aos mestres sobre o uso e a importancia das NNTT para que as utilicen na clase e transmitan eses coñecementos aos  alumnos para reducir e intentar rematar coa fenda dixital nas aulas.

            O video reflexa as diferenzas que existen no mundo referente ás novas tecnoloxías. Ó principio mostra os países máis desenvolvidos que non teñen problemas para relacionarse entre eles aínda que esten distantes uns dos outros. Logo mostra os países do terceiro mundo nos que non hai ningún tipo de tecnoloxía e nin sequera teñen para recibir un fax. Polo tanto non hai as mesmas posibilidades de comunicación para todo o mundo: “¿ALDEA GLOBAL?”

      Para intentar que as novas tecnologías cheguen a todo o mundo e a maior parte das persoas saiban utilizalas, é moi importante que estean presentes no sistema educativo. As Novas Tecnoloxías  son aqueles cambios que se dan na sociedade de mercado e que comezan a introducirse na escola tendo un papel liberador ou opresor. As TIC convertéronse nun instrumento cada vez máis indispensábel nas institucións educativas onde poden realizar múltiples funcións: ·  Fonte de información.·  Canle de comunicación interpersoal e para o traballo colaborativo e o intercambio de información e ideas (correo electrónico, foros telemáticos).·  Medio de expresión e para a creación.·  Instrumento cognitivo para procesar a información: follas de cálculo, xestores de bases de datos…·   Recurso interactivo para a aprendizaxe. Os materiais didácticos multimedia informan, entrenan, simulan, guían a aprendizaxe, motivan…·   Medio lúdico e para o desenvolvemento psicomotor e cognitivo. A nosa sociedade está considerada como a sociedade da información, sendo conscientes de as NNTT teñen un importante papel, polo tanto deben estar presentes na educación. Para Manuel Area no ámbito da educación e moi difícil encontrar os últimos recursos tecnolóxicos, xa que o que novo na escola está obsoleta no mercado. Pero aínda así temos que considerar como unha prioridade a integración destes recursos, pero debe estar precedida por unhas finalidades, para  evitar surxir a lóxica pouco reflexiva baseada en “usar por usar”. Segundo Juana Sánchez (1994) moitas veces trátase de solucionar o problema de como utilizar as NNTT  e como educar, instruír e formar o alumnado.Para Manuel  Area as razóns e xustificacións para incorpar as  NNTT e as prácticas educativas nos centros e aulas son: adecuación do sistema escolar ás características da sociedade da información, preparación dos nenos e nenas e dos xoves ante as novas formas culturais dixitais, incremento e mellora da calidade dos procesos de ensinanza e a innovación dos métodos e materiais didácticos, entre outros.Segundo Alfonso Gutiérrez Martín os docentes poden adoptar cinco posturas diferentes ante as TIC: neglixente, é dicir, ignórase a súa importancia, hipercrítica, considérase algo máis, práctica , aprovéitanse para lograr aprendizaxes significativos, técnica, sacar o maior porveito das NNTT e crítica, relación das TIC coa escola e coa sociedade.Aínda que na actualidade os recursos didácticos que o mestre ten a súa disposición para desenvolver a actividade profesional ampliáronse cos vídeos, as presentacións colectivas informatizadas, as redes de comunicación ou as videoconferencias, deben ser percibidos máis como elementos técnicos, didácticos e da comunicación.Se queremos introducir ás TIC no currículo desde unha mirada crítica e necesario introducilas na nosa ensinanza como recurso educativo, obxeto de estudo e axente educativo.Como recurso educativo as NNTT intégranse no currículo para mellorar a ensinanza e aprendizaxe do estudante. Débense usar como ferramenta para aprender a favorecer aprendizaxes significativos.O proxecto web do CRA como recurso educativo utilizase como ferramenta para favorecer aprendizaxes significativas, dacordo cos modelos constructivistas da aprendizaxe. O CRA ten un papel de emisor – receptor, xa que os nenos envían ás produccións para  os visitantes da web e o mesmo tempo están recibindo as produccións dos seus compañeiros.As NNTT deben integrarse no currículo como obxeto de estudo,  de tal xeito que ensine o estudante a utilizalas correctamente, tanto para recibir como para enviar e crear información, sen deixar de lado a selección e a análise crítica. Isto require que o alumnado aprende a manexalas e, por outra parte, que coñezan os códigos que utilizan, xa que a imaxe é unha linguaxe que utiliza distintos signos para transmitir significados (puntos, lineas, luz, cor,…) igual que ocorre coa linguaxe oral e escrita.Como axente educativo (papel das TIC na educación)  as NNTT son un medio de socialización fora das aulas e por iso é necesario integralas nelas, deste xeito incrementamos as posibilidades educativas e reducimos posíbeis efectos negativos.Segundo Víctor Marí Sáez, no seu artigo “Globalización, nuevas tecnologías y comunicación” un dos seus obxetivos é buscar a actividade que maiores beneficios económicos xenere. Polo tanto,  é importante formar individuos críticos que poidan seleccionar os contidos e actuar en consecuencia. Deste xeito podemos incrementar ás súas posibilidades educativas e minimizar os posíbeis  efectos negativos que representan para a educación informal dos nosos alumnos. Moitas veces nos recursos educativos aparecen valores que dan unha visión conservadora da sociedade baseada no repeto á autoridade, a xerarquización social, etc,  como no caso do Rey León, onde o autor coméntanos a influencia do pensamento único nos medios audiovisuais, na xerarquización dos animais, no machismo que mostran un intento de reflexar na sociedade na que á muller destínaselle un papel secundario. As TIC adquiriron unha grande importancia no campo da Educación Infantil xa que ofrece moitas posibilidades e recursos para estas aulas.

A grande revolución dixital deu lugar a unha sociedade da información que está afectando a todo o mundo e polo tanto tamén aos máis pequenos, que  viven estes cambios de maneira activa na súa vida diaria.Todo isto lévanos á necesaria introdución das novas tecnoloxías na aula, xa que estas se están a converter nun dos instrumentos máis fortes da nosa sociedade, ademais  de darnos unha grande posibilidades á hora de educar,  así conséguese que os nenos desde ben pequenos se vaian familiarizando con estes elementos que máis tarde e ao longo de toda a súa vida van ter que aprender necesariamente a manexar na súa vida diaria.            Para traballar as TIC nesta etapa educativa hai que ter en conta os seguintes factores: a formación do profesorado, os obxectivos a acadar en Educación Infantil, a introducción das TIC nesta etapa, a coordinación óculo- motriz, o uso do rato e os recursos multimedia.             En canto á formación do profesorado, o mestre debe coñecer as TIC para darlles un uso apropiado dentro da aula, co fin de  transmitirlle aos alumnos uns coñecementos axeitados e que de este xeito poidan ser útiles e eficaces no proceso de ensinanza – aprendizaxe dos nenos e nenas. O mestre debe educar os nenos na sociedade na que viven, para que estean ben integrados no futuro. Ademais, facilitar os medios necesarios para intercambiar experiencias e materiais didácticos e potenciar a reflexión sobre estas novas tecnoloxías que se aplican na aula.              Introdución das TIC : As TIC en Educación Infantil deben ser introducidas dun modo progresivo e sempre partindo dunhas actividades previas para que o profesor teña coñecemento dos contidos que posúen os seus alumnos e alumnas.             En canto á coordinación óculo – motriz e o uso do rato, hai que ter en conta tamén os coñecementos previos dos alumnos. Algunhas actividades previas relacionadas con estes procedementos e que se poden levar a cabo na aula son os seguintes: traballar os movementos dos dedos, sobre todo o dedo índice posto que é o mais usado co rato e verbalizar ditos movementos. Xogar a facer clip cos dedos en diferentes superficies, e incluso, para facer o xogo máis divertido, poden facer clip nas distintas partes do corpo dos demais compañeiros. Unha actividade imprescindíbel é a de poder achegar aos nenos a un rato para que deste xeito poidan observalo, coñecer o seu funcionamento e por último, poder desenvolver a seguinte actividade. A última actividade proposta é a de xogar co rato (sen estar conectado) para desenvolver a motricidade e coller práctica no manexo deste recurso ( para que os nenos saiban en que botón deben pinchar estes serán marcados con diferentes gomets).             Obxectivos das TIC: A introdución das TIC na EI implica unha aprendizaxe do uso dos ordenadores, pero este non será o noso obxectivo final. Non nos centraremos no ordenador como obxecto de estudo, senón como recurso co que conseguiremos outros obxectivos; polo tanto,  pretenderemos tamén  posibilitar unha aprendizaxe individualizada, desenvolver a autonomía no traballo e no xogo, sentar as bases dunha educación tecnolóxica, desenvolver a orientación espacial, interiorizar as normas de funcionamento da aula, recoñecer o ordenador como un elemento cotiá do noso contorno, coñecer e poñer en práctica as normas básicas de funcionamento do ordenador (acendido, apagado,…), etc.             O noso maior obxectivo será incluír as TIC de xeito natural e sen forzar na nosa práctica diaria. Utilización das TIC:              Para comezar a familiarizar aos nenos coa aula de informática pódese utilizar a presentación do ordenador e as normas básicas do seu uso, que debido ás características dos nenos de EI farémolo mediante pictogramas.             Despois hai que familiarizar aos nenos co manexo do rato e para elo utilizaremos programas como o Paint. De seguido, iniciaremos a familiarización co teclado, recoñecendo as letras, os números, etc.. Por isto enlazamos a lecto-escritura co manexo das Novas Tecnoloxías, sen esquecer que hai programas educativos que o traballan directamente.             De seguido, iniciarémolos no uso e no manexo dos distintos programas educativos.  Estes deben cumprir a finalidade de estimular e desenvolver as capacidades motrices, afectivas, intelectuais, morais, e sociais.             Outros medios cos que traballar nunha aula de Educación Infantil é, por exemplo, substituír taboleiros convencionais por taboleiros dixitais o que nos axudará enormemente á hora de dar a clase e por outra banda tamén nos permitirá  un acceso á información de forma inmediata. Outro exemplo destas posibilidades é a participación na clase a través da web en casos excepcionais: para escoitar a testemuña de alguén que esta lonxe, para coñecer algunha paisaxe ou lugar que non é posíbel facelo de forma real…            Para incorporar ás TIC nas aulas hai que organizar o tempo e o espacio, o que pode conlevar un cambio na metodoloxía.            Por último, os contidos que se traballarán son os propios  do currículo que se corresponde cos que se establecen na normativa vixente sobre Educación Infantil na nosa Comunidade e que quedan explícitos tanto no PCC como nas diferentes programacións de aula. 

No Commentss »

O futuro está nas nosas mans

  

No Commentss »

Olark Livehelp